AÍnda que todos os anos se producen varios eclipses, tanto de Sol como de Lúa, non sempre os podemos disfrutar, xa que son eventos que non se poden ver desde todos os lugares. Pero neste ano 2025 e no 2026 estamos de sorte en Galicia, xa que poderemos ver varios eclipses de Lúa e, o que é máis dificil, varios eclipses de Sol.
Comezamos esta boa racha este mes de Marzo no cal teremos un de cada, visibles desde Galicia, de Lúa o día 14, e de Sol, parcial, o 29 de Marzo. Estes eclipses van ser só o aperitivo co que nos ímos ir preparando para o grande evento astronómico do vindeiro ano, que é nin más nin menos que un eclipse total de sol (12 de Agosto), visible na súa totalidade desde Galicia.
Para falarnos de todo o que acontece durante estes fabulosos acontecementos e de como poderemos observalos en condicións de seguridade, o noso socio Ramón Iglesias, dará unha charla no Museo de Historia Natural da USC este sábado día 8 de Marzo pola mañá.
Información no cartaz adxunto
Secuencias dos eclipses de Lúa de 2019 e de Sol de 2021. Fotografías e montaxes orixinais do noso socio Aleixandrus
Non cabía dúbida, logo do éxito do primeiro encontro, que o noso ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) ía ter continuidade…pois xa temos data! apuntade!
O VINDEIRO 5 DE ABRIL DE 2025, EN BERTAMIRÁNS
Aínda non temos carteliño pero o que si que temos lista é a web para o congreso. ahí tes as datas e as ligazóns para apuntarte, tanto se queres contribuir cunha charla, como se queres asistir.
Comezamos o ano 2025 lembrando como o rematamos, coa xuntanza anual de “Astrogalicia24: a festa galega das estrelas”, este ano na localidade de Arzúa. Xa facía uns anos que non se celebraba, e dende este ano 2024 esperamos que poida voltar a ser unha data marcada para o encontro de Asociacións e Clubes astronómicos e xente aficionada á disfrutar do ceo. Pola nosa parte varias socias e socios do Clube asistimos e retomamos contacto con moitas persoas que vemos de ano en ano, e, por suposto, gozamos coas charlas, oradoiros e seminarios ofertados que se levaron a cabo. Tocaronse diferentes e variados temas relacionados coa Astronomía: divulgación, astrofotagrafía, radio astronomía,… Astrogalicia tamén ofrece a posibilidade de coñecer proxectos e actividades que se levan a cabo na actualidade relacionados coa temática,. Este ano pasaron por Arzúa persoas como Isabel Rebollido, Alba Fernández Barral, Leonor Ana Hernández, Martin Pawley, Javier Moldes ou Marcos Merinero entre outras e outros. Pero Astrogalicia tamén é un espazo de contacto e de relación con persoas que disfrutamos do ceo e queremos coñecer máis sobre o mesmo. Os obradoiros e seminarios participativos, as observacións (se a climatoloxía o permite) e as comidas de grupo son eses momentos non formais que nos encantan. Esperamos con impaciancia Astrogalicia25!!!
O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura. Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios.
PODES VISITALA ENTRE O 1 E O 31 DE OUTUBRO NO CSC DO ENSANCHE SANTIAGO DE COMPOSTELA (ubicación)
Vista xeral da actividade
O pasado día 14 tivemos ocasión de desfrutar da Noite internacional da Observación da Lúa xunto con todo o público que se achegou ata o parque de Vista Alegre.
A actividade tivo moita aceptación e pasámolo moi ben.
Desde esta páxina queremos agradecer a colaboración dos Amigos do Museo de Historia Natural e tamén a súa asistencia a toda a xente que veu a compartir esas horiñas con nos.
Este é un evento que se celebra todos os anos asi que…ata a próxima!!
Sorteo de calendario astronómico, cortesía de Ceos Galegos
Este sábado 14 de setembro e no marco do DÍA INTERNACIONAL DE OBSERVACIÓN DA LÚA (InOMN) , promovido anualmente pola NASA, o noso clube vai celebrar unha xornada de observación aberta ao público. Será no parque de Vista alegre, é unha actividade donde colabramos coa asociación de amigos do museo de Historia Natural. Tes toda a información na imaxe adxunta. Anímate a desfrutar con nos da Lúa!!
DeixamosAQUI material interesante para a observación.
AQUI o link a páxina oficial da NASA onde está inscrita a nosa actividade.
O pasado día 20 de abril tivemos o gusto de compartir con vos o 1º encontro Astronomía Nova.
A xornada tivo gran aceptación e poidemos desfrutar dunha chea de charlas, cafés, comida e moi bo ambiente.
Desde o clube Vega queremos agradecer a todos a vosa participación e que saibades que rematamos moi inspirados e moi resoltos a que este encontro teña continuidade, asi que agardamo veros outra vez no EGAN 2025!!
Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente.
A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) .
Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados divulgando astronomía: charlas, exposicións, opinións, experiencias, e por suposto bo rollo, moi bo.
Para presentar o noso primeiro encontro ASTRONOMÏA NOVA, eleximos un lugar moi próximo a Santiago, ben comunicado e tranquilo. O Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura.
Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios.