III Workshop CMON, 13 decembro 2014

Outro ano mais celebrase o “Wokshop CMON” en Santiago de Compostela. Estes workshops céntranse nas últimas tendencias e traballos feitos a nivel dos astrónomos amateur de Galicia no campo dos corpos menores (meteoritos, bólidos, asteroides e transneptunianos), aínda que tamén teñen cabida calquera outro tema relacionado coa astronomía amateur.

Obxectivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos astronómicos en xeral.

Quen pode asistir:  calquera persoa que estea interesada nos obxectivos anteriores, con independencia de se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outros os seus descubrimentos.

Lugar: Edificio Monte da Condesa, Santiago de Compostela.
Data: 13 de Decembro de 2014 as 11:00

Ver
un mapa máis grande

É necesario apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop. Máis información no foro Astromanía.

Comida

Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun “menú autoservicio” que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,60 euros) ou un prato e postre (medio menú, 4,60 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

Programa definitivo

11:00 Presentación
11:10 Óscar Blanco: Astrofoto a lo grande
11:30 Borja Tosar: Detección e caracterización de exoplanetas dende o OAF
11:50 Javier Moldes: Detección de meteoros no Albergue dos Biocos
12:10 X. Dosi Veiga:  Proxectos de ciencia cidadá
12:30 Descanso
13:00 Luis Francisco Pérez: Fotometría de estrelas variables
13:20 Coloquio: Coordinación de observacións de meteoros
Moderador: Hugo González / Ricardo Moreno
14:00
Comida
16:00 Salvador Bará Viñas: Campañas de investigación sobre Contaminación Lumínica en Galicia
16:20 Hugo González/Ricardo Moreno: Nuevos proyectos en el OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)
16:40 Rubén Díez Lázaro: Estación SQM desatendida basada en PySQM y Raspberry Pi
17:00
Descanso
17:30 Ramón Iglesias Marzoa: A posible binaria V1412 Aql. Un misterio sen resolver
17:50 Pablo Martínez Alemparte: Proxecto Supernovae: búsqueda e rexistro de Supernovas dende o OAF
18:10 Coloquio: A nova Federación de Asociaciones Astronómicas de España
Moderador: Rubén Díez Lázaro.
19:00 Clausura

Presentacións

Astrofoto a lo grande
Óscar Blanco
Equipos y técnicas de fotografía astronómica de gran campo. Especial atención a los paisajes nocturnos y los panoramas.
Detección e caracterización de exoplanetas dende o OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)
Borja Tosar
Fai 20 anos a detección dun exoplaneta era unha das froiteiras tecnolóxicas da astronomía, hoxe grazas a mellora das cámaras e posible detectar exoplanetas con telescopios pequenos e cámaras de baixo custo. No observatorio astronómico de Forcarei (OAF) temos en marcha un programa de detección e carecterización
aberto a colaboracións.
Detección de meteoros no Albergue dos Biocos
Javier Moldes (equipo de cacharreo.es)
Posta en marcha de estación detectora de meteoros en radio e en visual no Albergue dos Biocos, primeiras experiencias.
Proxectos de ciencia cidadá
X. Dosi Veiga
A disposición universal de internet, de smart phones , de ordenadores interconectados, é aproveitada para diversos proxectos científicos colaborativos. De xeito individual, podemos participar en investigacións relacionadas coa astronomía aínda que non teñamos moitos coñecementos.
Fotometría de estrelas variables
Luis Francisco Pérez
Fotometría diferencial con CCD por aficionados: exemplo de observación dunha binaria eclipsante e cálculo da curva de luz con Fotodif.
Campañas de investigación sobre Contaminación Lumínica en Galicia
Salvador Bará Viñas
Nesta charla se presentan as accións de investigación sobre contaminación lumínica en Galicia que se están desenvolvendo desde a USC en colaboración con institucións públicas e entidades sociais.
Nuevos proyectos en el OAF (Observatorio Astronómico de Forcarei)
Hugo González/Ricardo Moreno
Explicaremos los nuevos proyectos que se están desarrollando en el OAF, y su integración en los proyectos comunes en Galicia e, incluso, a nivel nacional.
Estación SQM desatendida basada en PySQM y Raspberry Pi
Rubén Díez Lázaro (monje)
Se presenta un proyecto de recolección de datos de contaminación lumínica auspiciado por el Observatorio Astronómico de Forcarei. La solución propuesta consiste en un dispositivo recolector de datos de CL razonablemente a prueba de fallos, de funcionamiento desatendido y económico, susceptible de ser fácilmente implementado y empleado por cualquier aficionado que desee montar una estación de recolección de datos de CL. El sistema se basa en una Raspberry Pi y el software
PySQM.
A posible binaria V1412 Aql. Un misterio aínda sen resolver
Ramón Iglesias Marzoa
V1412 Aql é unha anana branca que sufriu dúas caidas de brillo. Sospéitase que pode ser un sistema binario cunha secundaria moi pouco masiva (anana marrón ou exoplaneta). Como o período non é coñecido as masas das compoñentes non se poden estimar. Proponse unha campaña de observación a longo prazo para tratar de medir un novo eclipse neste sistema e calcular o período orbital.
Proxecto Supernovae: búsqueda e rexistro de Supernovas dende o OAF
Pablo Martínez Alemparte
O rexistro en imaxe e búsqueda de eventos de tipo Supernova é dende fai anos unha das lineas na que os astronomos amateur seguen a ter un espazo privilexiado. No marco dos novos proxectos a desenrolar dende as instalacións do OAF está “Supernovae”.

 

Garda a ligazón permanente.

Os comentarios están pechados.