ACTIVIDADES,  EVENTOS,  NOVAS

50 ANOS NA LÚA

O 21 de xullo de 1969, os Astronautas da Apolo XI convertíronse nos primeiros seres humanos en pisar outro astro que non fora a Terra. Aínda que hai quen trata de xustificar ou condenar este feito desde o punto de vista político e/ou económico, o que é innegable e que foi a culminación dun enorme esforzo científico e tecnolóxico no que colaboraron centos de homes e mulleres, moitas veces non suficientemente recoñecidos, que deron sentido a famosa frase de Neil Armstrong “un pequeno paso para un home, un grande salto para a humanidade

Este mes celébrase en todo o mundo o 50 aniversario da chegada do home á Lúa, cada quen pode ter un motivo. Desde o Clube Vega apuntámonos á festa cun acto conmemorativo. O día elexido: o 12 de Xullo, o lugar: a Nave de Vidán, que unha vez máis nos ofrece a súa colaboración.

Teremos unha pequena charla divulgativa, a cargo do noso amigo Dosi Veiga, despois presentaremos o traballo dos astrofotógrafos do Clube Vega nunha pequena (pero intensa) exposición de fotografías da Lúa, que quedará na Nave ata setembro, e, finalmente, se a meteoroloxía o permite, plantaremos uns cantos telescopios para observar e ensinarvos á protagonista da noite: a Lúa.

¡¡Vémonos alí!!

 

 

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial