Resumen Astrogalicia
Comezamos o ano 2025 lembrando como o rematamos, coa xuntanza anual de “Astrogalicia24: a festa
galega das estrelas”, este ano na localidade de Arzúa.
Xa facía uns anos que non se celebraba, e dende este ano 2024 esperamos que poida voltar a ser unha data marcada para o encontro de Asociacións e Clubes astronómicos e xente aficionada á disfrutar do ceo.
Pola nosa parte varias socias e socios do Clube asistimos e retomamos contacto con moitas persoas que vemos de ano en ano, e, por suposto, gozamos coas charlas, oradoiros e seminarios ofertados que se levaron a cabo.
Tocaronse diferentes e variados temas relacionados coa Astronomía: divulgación, astrofotagrafía, radio
astronomía,…
Astrogalicia tamén ofrece a posibilidade de coñecer proxectos e actividades que se levan a cabo na
actualidade relacionados coa temática,. Este ano pasaron por Arzúa persoas como Isabel Rebollido, Alba Fernández Barral, Leonor Ana Hernández, Martin Pawley, Javier Moldes ou Marcos Merinero entre
outras e outros.
Pero Astrogalicia tamén é un espazo de contacto e de relación con persoas que disfrutamos do ceo e
queremos coñecer máis sobre o mesmo. Os obradoiros e seminarios participativos, as observacións (se a climatoloxía o permite) e as comidas de grupo son eses momentos non formais que nos encantan.
Esperamos con impaciancia Astrogalicia25!!!
