ACTIVIDADES,  DIVULGACION

OS ECLIPSES QUE VEÑEN

AÍnda que todos os anos se producen varios eclipses, tanto de Sol como de Lúa, non sempre os podemos disfrutar, xa que son eventos que non se poden ver desde todos os lugares. Pero neste ano 2025 e no 2026 estamos de sorte en Galicia, xa que poderemos ver varios eclipses de Lúa e, o que é máis dificil, varios eclipses de Sol.

Comezamos esta boa racha este mes de Marzo no cal teremos un de cada, visibles desde Galicia, de Lúa o día 14, e de Sol, parcial, o 29 de Marzo. Estes eclipses van ser só o aperitivo co que nos ímos ir preparando para o grande evento astronómico do vindeiro ano, que é nin más nin menos que un eclipse total de sol (12 de Agosto), visible na súa totalidade desde Galicia.

Para falarnos de todo o que acontece durante estes fabulosos acontecementos e de como poderemos observalos en condicións de seguridade, o noso socio Ramón Iglesias, dará unha charla no Museo de Historia Natural da USC este sábado día 8 de Marzo pola mañá.

Información no cartaz adxunto

Secuencias dos eclipses de Lúa de 2019 e de Sol de 2021.
Fotografías e montaxes orixinais do noso socio Aleixandrus

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial