Presentación
O Encontro Galego Astronomia Nova é unha xuntanza de afeccionados á Astronomía de Galicia onde intercambiar experiencias e coñecemento de Astronomía, Astrofísica e temas relacionados. É o sucesor do Workshop CMON, orixinalmente enfocado principalmente á Astronomía práctica e observacional, e que prolongou ata o ano 2019. Astronomia Nova abre a súa visión a todos os campos da Astronomía e outras ciencias relacionadas con ela e pretende dar continuidade a esa iniciativa.
A primeira edición de Astronomia Nova tivo lugar o 20 de abril de 2024 en Bertamiráns (Ames), con máis de 70 participantes de toda Galicia e outros lugares.
Rexistro e contribucións
Calquera persoa pode participar no Encontro Astronomia Nova 2025 e a inscripción é de balde.
Para asistir a Astronomia Nova 2025 é necesario rexistrarse por razóns de aforo e organizativas. Basta con encher o formulario coa información de contacto básica.
Animamos a todos os afeccionados e profesionáis da Astronomía de Galicia a asistir e participar neste encontro, organizado polo Clube Vega de Compostela.
Ademáis é posible participar cunha contribución en forma de presentación sobre calquera tema de Astronomía. O tempo asignado a cada unha é de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Se queres contribuir cunha presentación hai que indicar o título e resumo da charla no formulario de rexistro. No caso que non haxa tempo para todas as contribucións, o Comité Organizador escollerá as máis axeitadas segundo a temática e novidade.
Datas importantes
- 10 de febreiro de 2025: apertura do rexistro para participación e chamada a contribucións.
- 28 de marzo de 2025: último día para apuntarse e para enviar propostas de contribucións.
- 31 de marzo de 2025: publicación do programa definitivo.
- 5 de abril de 2025: día do encontro. Vémonos en Bertamiráns!
Lugar
O encontro Astronomia Nova 2025 terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, no Concello de Ames. Bertamiráns é a capital deste concello situado a uns 10 km ó oeste de Santiago de Compostela, no chamado Val da Mahía. O Pazo da Peregrina é propiedade do Concello de Ames, que o usa para diversas actividades educativas e culturáis, e dispón dunha gran extensión de xardíns conformando un entorno moi tranquilo e agradable.
Cómo chegar
En vehículo privado
A ruta máis cómoda para chegar a Bertamiráns é pola autovía Santiago-Brión (AG-56) ata a saída 7 (Bertamiráns norte). Esta saída conduce directamente á Avda. da Peregrina, que percorreremos durante uns 500 m ata a Avda. J. L. Azcárraga, onde está a entrada principal do Pazo da Peregrina.
Estacionamento
A entrada principal do Pazo da Peregrina atópase na Avda. J. L. Azcárraga, que é o lugar de estacionamento que recomendamos e ten numerosas prazas habilitadas para turismos e outros vehículos. Se non houbera sitio, a uns 200 metros hai un estacionamento ó que se accede dende a Avda da Peregrina, situado entre o Mercadona de Bertamiráns e a piscina da Telleira. Na páxina de transportes do Concello de Ames hai unha lista dos estacionamentos para vehículos co número de prazas de cada un.
En autobús
As rutas de transporte metropolitano teñen paradas na Avda. da Mahía, que é a rúa que atravesa Bertamiráns e están a uns 400 m do Pazo da Peregrina. Pode obterse información sobre as rutas e horarios na páxina de transportes do Concello de Ames e na páxina do transporte público de Galicia.
En avión
O aeroporto máis próximo é o aeroporto Rosalía de Castro (SCQ) de Santiago de Compostela, dende onde hai servizo de taxis y autobuses lanzadeira ata o casco urbano de Santiago de Compostela.
En tren
A estación de ferrocarril máis próxima é a de Santiago de Compostela, que é unha estación intermodal e permite facer directamente transbordos ó autobús.
Onde xantar
Bertamiráns ten numerosos locáis de hostelería onde xantar ou tomar un café. Aquí só imos mencionar algúns que están preto do lugar do Encontro:
- Bar Isa: é o máis próximo ó Pazo da Peregrina, e está case enfrente, por se queres tomar un café rápido ou almorzar.
- Asador Vaca Vella: a só 50 m do pazo, un lugar onde desfrutar dunha boa comida.
- Bar Recreo: un pouco máis escondido detrás da piscina da Telleira, ten pratos combinados e uns bocatas de medo.
- Tropic: un dos mellores sitios para comer, moi recomendable reservar antes de ir. O menú do día en fins de semana vale 18 €.
- Sicilia in Bocca: enfrente do Tropic, para unha comida italiana excelente a prezos asequibles.
Contacto: astronomianova@clubevega.org