-
EXPOSICIÓN: 25 ANOS MIRANDO AO CEO
O 19 de decembro de 1997 o clube Vega comenza a súa andadura. Para celebrar os nosos 25 anos queremos compartir con vos a nosa afeción a través dunha mostra de astrofotografías, saídas todas elas dos telescopios, obxectivos e cámaras dos nosos socios.
PODES VISITALA
ENTRE O 1 E O 31 DE OUTUBRO
NO CSC DO ENSANCHE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
(ubicación) -
Luna lunera….
Este sábado 14 de setembro e no marco do DÍA INTERNACIONAL DE OBSERVACIÓN DA LÚA (InOMN) , promovido anualmente pola NASA, o noso clube vai celebrar unha xornada de observación aberta ao público. Será no parque de Vista alegre, é unha actividade donde colabramos coa asociación de amigos do museo de Historia Natural. Tes toda a información na imaxe adxunta. Anímate a desfrutar con nos da Lúa!!
Deixamos AQUI material interesante para a observación.
AQUI o link a páxina oficial da NASA onde está inscrita a nosa actividade.
-
Encontro ASTRONOMIA NOVA
Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente.
A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) .
Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados divulgando astronomía: charlas, exposicións, opinións, experiencias, e por suposto bo rollo, moi bo.
Para presentar o noso primeiro encontro ASTRONOMÏA NOVA, eleximos un lugar moi próximo a Santiago, ben comunicado e tranquilo. O Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
Apúntate antes do 8 de abril.
TODA A INFORMACIÓN na web específica do EGAN.
¡¡AGARDÁMOSVOS O 20 DE ABRIL en Bertamiráns!!
-
Charla divulgativa sobre ocultacións
Nestes días de chegadas varias ao planeta vermello, os do Clube Vega permanecemos na Terra, ainda que sempre mirando cara arriba.
Despois de bastante tempo de inactividade por estas sucesivas ondas da pandemia ímos adaptándonos e voltamos ás nosas reunións, eso si, on line.
O noso compañeiro Ramón ofreceranos unha interesante charla este sábado…vémonos na pantalliña!!
-
Un fermoso espectáculo para rematar un annus horribilis
As estrelas que vemos no ceo permanecen inmóbiles entre si. Por suposto que todas parecen moverse ó xirar a Terra, pero as súas posición relativas permanecen fixas, polo que forman patróns que podemos recoñecer e que chamamos constelacións. Sen embargo, xa os gregos viron que algunhas poucas “estrelas” movíanse “errantes” sobre o fondo de estrelas fixas. A estes corpos os gregos os chamaron “planetas” que significan precisamente “errantes”.
Hoxe en día sabemos que estes planetas son corpos que xiran ó redor do Sol e que, aínda que non emiten luz propia como as estrelas, son suficientemente grandes como para poder percibir dende a Terra a luz que reflicten do Sol (Tamén hai obxectos máis pequenos que non se ven a simple vista como os asteroides ou os planetas ananos).
Unha característica do movemento dos planetas é que se moven aproximadamente nun mesmo plano, chamado plano da eclíptica, polo que visto dende a Terra estarán colocados sempre cerca da lina imaxinaria na que este plano corta a bóveda celeste. É doado, por tanto, que dous planetas se acheguen e se poidan ver moi xuntiños no ceo producíndose o que os astrónomos chamamos unha conxunción,
O vindeiro día 21 de decembro producirase unha conxunción importante entre Xúpiter e Saturno. O que a fai especial é que os dous son planetas moi brillantes e que a distancia aparente estre eles chegará a ser especialmente pequena. Non ocurría unha conxunción con estas características desde o século XVII, en tempos de Galileo.
Ainda que o máximo achegamento será o 21, o espectáculo tamén está servido para os días anteriores.
A dificultade para observar esta conxunción é que só será visible ó solpor moi preto do horizonte, o que fai perder brillo os obxectos implicados, tanto pola maior cantidade de aire que a súa luz ten que atravesar como polo feito de que aínda non será noite pechada. Isto reduce a xanela de observación a, aproximadamente, entre as 18:30 e as 20:00 (hora oficial da península); Aínda menos se no horizonte hai obstáculos.
Despóis do máximo acercamento do día 21, Xúpiter e Saturno comenzarán a separarse de novo, pero nos días seguintes estarán tan preto do Sol (dende a perspectiva da Terra) que xa será moi difícil observalos. Para cando pasen “ó outro lado” do Sol e sexan visible ó amencer, xa estarán moito mais separados.
Se queredes observar o fenómeno, mirade cara o suroeste xusto despois da posta do Sol. Veredes entón dous estrelas moi brillantes que son Xúpiter e Saturno (o mais brillante será Xúpiter). Non fai falta telescopio nin intrumento ningún pero, si tedes uns simples prismáticos, fica os codos nalgún punto de apoio e apunta cara os planetas, pagará a pena, e incluso poderíades ver uns puntiños pequeniños preto de Xúpiter que son os seus satélites principais, chamados “galileanos” precisamente por Galileo Galilei que os descubriu cun rudimentario telescopio.
Como suxestión ós que vivades en Compostela, e se non coñecedes un sitio mellor, podédevos colocar ao solpor na parte superior das escaleiras da alameda que dan ao Campus Sur. Pouco despóis da posta do Sol, mirade un pouco arriba e a esquerda do lugar por onde aínda se aprecie o fulxir do Sol recén posto. Non vos custará localizar, se as nubes volo permiten, dúas estrelas brillantes moi xuntas: eses son Xúpiter (o mais brillante) é Saturno. ¡Non ten perda!, ainda que a sobreiluminación causada por algúns focos que hai nese lugar diminúe a espectacularidade do fenómeno, polo que o ideal, se podedes, é miralo dende fora da cidade, nalgún monte con vistas cara ó suroeste.
Crucémolos dedos para que as nubes den unha tregua e poidamos disfrutar deste fenómeno astronómico pois non se repetirá, en tan boas condicións, ata o ano 2080!!
Referencias:
(Imaxe 1) Federación de Asociaciones Astronómicas de España (FAAE): https://federacionastronomica.es/index.php/actividades-y-eventos/conjuncion-jupiter-saturno
(Imaxe 2) Astronomy Picture of the Day (15/12/2020): https://apod.nasa.gov/apod/ap201215.html
Escrito por: Rubén Díez e Carmen Castro.
-
Ocultación de Venus pola Lúa
Durante a mañán do venres 19 de xuño produciráse unha ocultación do planeta Venus pola Lúa. Esta ocultación será visible dende o N de Canadá, Groenlandia, NW de Europa, e N de Rusia. Tamén será visible dende toda a península ibérica e Canarias, aínda que xa preto do límite S.
Dende Galicia, a inmersión do planeta produciráse ás 07:20 TU (09:20 hora local española). Esta inmersión será polo lado iluminado da Lúa e o planeta Venus estará nese momento a unha altura de 38º sobre o horizonte SE. A reaparición do planeta produciráse ás 08:14 TU (10:14 hora local) polo lado non iluminado da lúa cando xa esté a unha altura de 47º sobre o horizonte. Dado que no momento da ocultación Venus ten un tamaño angular de 51″4, a desaparación e a reaparición non son instantáneas, durando uns 2,5 minutos cada unha.
No momento da ocultación a Lúa estará iluminada un 4% en minguante, mentres que Venus terá unha magnitude de -4.18.
Todas as fases da ocultación produciránse a pleno día. No instante de inmersión o Sol estará a unha altura duns 23º, con Venus e a Lúa a unha distancia de 22,5º. Esto implica que se deben adoptar todas as medidas de seguridade para evitar apuntar calquera obxetivo ou telescopio ó Sol accidentalmente. Por seguridade recomendamos instalar algún panel ou obstáculo opaco entre o instrumento e o Sol, facendo sombra, e protexendo ó instrumento en caso de apuntado accidental.
Para observar esta ocultación hai que usar medios para mitigar o intenso fondo luminoso e aumentar o contraste entre o sistema Venus-Lúa e o fondo de ceo. Son preferibles telescopios de pouco diámetro pero de relación focal o máis longa posible, incluso utilizando lentes de Barlow. Se se utiliza un telescopio de gran diámetro quizáis conveña usar un diafragma para reducir a apertura.
Pódense usar filtros para axudar a mitigar o exceso de luz incidente, ainda que esto deberá valorarse previamente se se quere obter imaxes ou videos en cor. As cámaras dixitáis son axeitadas para obter tomas independentes ou gravar pequenos videos dos instantes da inmersión ou emersión.
Tamén se poden usar webcams adaptadas á observación astronómica do estilo da Phillips ToUCam ou SPC9000, acopladas no foco do telescopio. O que usualmente é unha desventaxa nestas webcams, a súa baixa sensibilidade, neste caso convírtese nunha ventaxa para observar con fondo moi brillante. Ademáis, o tempo de exposición pódese controlar dende o programa de control.Máis información:
http://www.lunar-occultations.com/iota/planets/0619venus.htm
https://eco.mtk.nao.ac.jp/cgi-bin/koyomi/occulx_p_en.cgi -
VII Workshop CMON. PROGRAMA COMPLETO
Consulta a continuación ou DESCARGA o programa deste evento.
10:15: Benvida e presentación.
10:30: O proxecto NOSA. Cos pés no chan e os ollos nas estrelas.
Xosé Díaz Díaz (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces)
O proxecto NOSA é unha iniciativa educativa posta en marcha desde varios centros públicos galegos. Busca promover vocacións, espertar a curiosidade do alumnado e favorecer o traballo en equipo a través dunha viaxe anual á estratosfera.11:00: Recreando paisajes de otros mundos
Francisco José Fernández Gómez
La presentación versará sobre las recreaciones de paisajes lunares de Nasmyth y de las misiones Apollo, y sobre cómo recrear paisajes lunares a partir de nuestras fotos.11:30: O decálogo do astrónomo afeccionado: unha experiencia divulgativa
Carmen Castro Martínez (Clube Vega)
Na penúltima Galicia Maker Faire, o Clube Vega presentou, entre outras actividades, unha exposición fotográfica de 10 obxetos moi valorados polos astrónomos. A novidade consiste nunha audioguía que asocia a cada un dos obxectos unha breve explicación que se pode escoitar co móbil
con só ler un código QR.12:00: descanso
12:30: Entre ferralla : como construír un observatorio astronómico de baixo presuposto
Miguel Sánchez Varela (Clube Vega)
Contrucción dun observatorio particular en Arzúa.13:00: O que nos depara o primeiro Congreso Estatal de Astronomía en Galicia
Denébola Álvarez-Seoane (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío)
Presentación das novidades e elementos de interese do XXIV Congreso Estatal de Astronomía que celebrarase entre o 30 de abril e o 3 de maio de 2020 na Coruña.13:30: Fotometría de asteroides.
Hugo González
Curvas de luz de asteroides. Técnicas y procedimientos. Otra posibilidad alternativa al alcance de todos para participar en programas PROAM: GAIA-GOSA (GAIA Ground based Observation Service for Asrweoids), CALL (Collaborative Asteroid Lightcurve Link), ALCDEF (Asteroid Lightcurve Photometry Database), MPO Canopus (Minor Planet Observer)14:00: a comer.
16:00: Radiorreceptores definidos por software SDR-RTL
Javier Moldes
Instalación y configuración de un decodificador de TDT con chipset RTL como radiorrecetor definido por software de propósito general para radioastronomía.16:30: Ceos Galegos: divulgando astronomía
Dositeo Veiga (Ceos galegos)
Un proxecto que ao través da imaxe pretende facer divulgación científica e astronómica, así como doutras ciencias afíns. Por exemplo, meteoroloxía, física, óptica, xeoloxía… son temas que xorden de xeito natural ao través das imaxes que recibimos, publicamos e comentamos. Ademais, a convocatoria de concursos puntuais de imaxes, galerías na web de fotos de efemérides astronómicas e o concurso anual (gala de entrega de premios incluída), constitúen un xeito eficaz de aumentar o número de persoas da comunidade de Ceos Galegos. Ah, e o calendario.17:00: Ocultacións interesantes por TNO nos vindeiros meses.
Ramón Iglesias Marzoa (Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón, Clube Vega)
En vindeiras datas produciránse algunhas ocultacións de estrelas por obxetos trans-neptunianos (TNO) que poderían ser observables dende a península ibérica. Faremos un resumen das súas posibilidades de observación con instrumentos amateurs.17:30: descanso
18:00: Os nomes das constelacións
Salva Bará (USC), Martin Pawley (Agrupación Ío), Dosi Veiga (Ceos galegos)
Non están, aínda en 2019, debidamente fixados os nomes das 88 constelacións en galego, e de feito nos dicionarios adoitan aparecer só algunhas. Neste traballo propoñemos unha listaxe posíbel de nomes e explicaremos as razóns das nosas escollas.18:30: Coloquio sobre Contaminación lumínica. (CL)
Modera: Gonzalo González (Secretario do Clube de Astronomía Vega).19:30 (aprox) Despedida.