-
Éxito na MAKER
Xa rematou a Galicia Maker Faire. Alí estaban coñecidos makers de todo o mundo, robots, impresoras 3D, artesanía e moitas máis cousas. Tamén houbo postos con moita e moi boa divulgación científica e por suposto alí estabamos o CLUBE VEGA.
Estes dous días falamos con moita xente curiosa e con ansia de saber, poideron ver a nosa Lúa artificial cos telescopios, e disfrutar coa nosa selección de obxectos astronómicos.
¡E o millor é o ben que o pasamos!, eso si, acabamos esgotadiños….
Desde aqui o noso agradecemento a toda organización e en especial aos voluntarios, pendentes de nós todo o tempo. ¡Vémonos para o ano!
Deixamos unhas fotiños para lembrar o evento:
-
MAKER FAIRE 2018
¡Xa está aqui a MAKER FAIRE deste ano!
Como o ano pasado CLUBE VEGA asistirá a este evento, este ano con stand propio, dentro da categoría “divulgación da ciencia”.
Para esta ocasión estamos traballando na exposición “O DECÁLOGO DO ASTRÓNOMO AFECIONADO”, unha mostra de fotografías, moitas delas dos nosos socios, con audioguía a través do mobil.
Tamén faremos obradoiros de iniciación ao USO DO TELESCOPIO e, se o tempo o permite, algunha OBSERVACIÓN nocturna.
Xa sabedes, este finde temos plan. Vémonos alí!
-
CEA 2020 en A Coruña
Fai uns días publicabamos o noso post de apoio á candidatura proposta po ÍO.
Hoxe temos que darlles a noraboa por conseguir traer para Galicia o CONGRESO ESTATAL DE ASTRONOMÍA (CEA) 2020, e tamén lles damos as grazas por todo o traballo que fan, sempre fantástico, facendo que a astronomía chegue a todos os públicos.
noraboa por ese
CEA 2020 EN A CORUÑA
-
Astrogalicia 2018
A próxima semana se celebra en Castrelo de Miño ASTROGALICIA 2018, unha convocatoria ben coñecida polos afeccionados galegos. O programa deste ano e ben interesante.
Como ven sendo desde anos atras, O Clube Vega colabora neste evento e ata alí se desprazarán varios socios que deixarán ben representado ao noso clube.
Que haxa bos ceos!