• Encontro ASTRONOMIA NOVA

    Moitos de vos lembraredes o noso congreso CMON, que durante varios anos conseguiu xuntar a un bo número de astrónomos e astrónomas afeccionados compartindo coñecemento, experiencias e bo ambiente.

     

    A derradeira edición do CMON foi en 2019, chegou despois a pandemia do Covid-19, que, coma un cometa que se achegara demasiado a Terra, barreu tantas cousas e trouxo unha cola moi longa. Pero por fin se perdeu de vista e neste 2024 surxe o sucesor do CMON, o ENCONTRO GALEGO ASTRONOMÍA NOVA (EGAN) .

     

    Con esta novo encontro, o Clube VEGA quere dar continuación ao vello CMON e reunir, como di o noso lema, a profesionais e afeccionados divulgando astronomía: charlas, exposicións, opinións, experiencias, e por suposto bo rollo, moi bo.

     

    Para presentar o noso primeiro encontro ASTRONOMÏA NOVA, eleximos un lugar moi próximo a Santiago, ben comunicado e tranquilo. O Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

     

    Apúntate antes do 8 de abril.

    TODA A INFORMACIÓN na web específica do EGAN.

    ¡¡AGARDÁMOSVOS O 20 DE ABRIL en Bertamiráns!!

     

  • VOLVEN AS REUNIÓNS PRESENCIAIS!

    Por fin, tendo a pandemia controlada e sen restricións para poder xuntarnos en espazos pechados, van sendo horas de volver as nosas reunións mensuais presenciais.

    Socios e simpatizantes estades convidados a vindeira reunión do clube o

    SÁBADO DÍA 3 DE DECEMBRO as 18.00h

    NO CSC DE FONTIÑAS (Santiago)

    Vémonos alí!!

  • TEMPO DE QUEDAR NA CASA

    Debido ao estado de alarma relacionado ca crise sanitaria debida á COVID19 o noso Clube NON organizará ningunha actividade presencial mentras dura o devandito estado de alarma. Nin reunións presenciais, nin exposicións, nin observacións.

    Toda a nosa actividade desenvolverase a través de videoreunións na nosa sala en “jitsi meet” ou nas redes sociais.

    Para calquera contacto, a través de esta web ou do noso facebook

  • VII Workshop CMON. PROGRAMA COMPLETO

    Consulta a continuación ou DESCARGA o programa deste evento.

    10:15: Benvida e presentación.

    10:30: O proxecto NOSA. Cos pés no chan e os ollos nas estrelas.
    Xosé Díaz Díaz (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces)
    O proxecto NOSA é unha iniciativa educativa posta en marcha desde varios centros públicos galegos. Busca promover vocacións, espertar a curiosidade do alumnado e favorecer o traballo en equipo a través dunha viaxe anual á estratosfera.

    11:00: Recreando paisajes de otros mundos
    Francisco José Fernández Gómez
    La presentación versará sobre las recreaciones de paisajes lunares de Nasmyth y de las misiones Apollo, y sobre cómo  recrear paisajes lunares a partir de nuestras fotos.

    11:30: O decálogo do astrónomo afeccionado: unha experiencia divulgativa
    Carmen Castro Martínez (Clube Vega)
    Na penúltima Galicia Maker Faire, o Clube Vega presentou, entre outras actividades, unha exposición fotográfica de 10 obxetos moi valorados polos astrónomos. A novidade consiste nunha audioguía que asocia a cada un dos obxectos unha breve explicación que se pode escoitar co móbil
    con só ler un código QR.

    12:00: descanso

    12:30: Entre ferralla : como construír un observatorio astronómico de baixo presuposto
    Miguel Sánchez Varela (Clube Vega)
    Contrucción dun observatorio particular en Arzúa.

    13:00: O que nos depara o primeiro Congreso Estatal de Astronomía en Galicia
    Denébola Álvarez-Seoane (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío)
    Presentación das novidades e elementos de interese do XXIV Congreso Estatal de Astronomía que celebrarase entre o 30 de abril e o 3 de maio de 2020 na Coruña.

    13:30: Fotometría de asteroides.
    Hugo González
    Curvas de luz de asteroides. Técnicas y procedimientos. Otra posibilidad alternativa  al alcance de todos para participar en programas PROAM:  GAIA-GOSA (GAIA Ground based Observation Service for Asrweoids),  CALL (Collaborative Asteroid Lightcurve Link), ALCDEF (Asteroid Lightcurve Photometry Database), MPO Canopus (Minor Planet Observer)

    14:00: a comer.

    16:00: Radiorreceptores definidos por software SDR-RTL
    Javier Moldes
    Instalación y configuración de un decodificador de TDT con chipset RTL como radiorrecetor definido por software de propósito general para radioastronomía.

    16:30: Ceos Galegos: divulgando astronomía
    Dositeo Veiga (Ceos galegos)
    Un proxecto que ao través da imaxe pretende facer divulgación científica e astronómica, así como doutras ciencias afíns. Por exemplo, meteoroloxía, física, óptica, xeoloxía… son temas que xorden de xeito natural ao través das imaxes que recibimos, publicamos e comentamos. Ademais, a convocatoria de concursos puntuais de imaxes, galerías na web de fotos de efemérides astronómicas e o concurso anual (gala de entrega de premios incluída), constitúen un xeito eficaz de aumentar o número de persoas da comunidade de Ceos Galegos. Ah, e o calendario.

    17:00: Ocultacións interesantes por TNO nos vindeiros meses.
    Ramón Iglesias Marzoa (Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón, Clube Vega)
    En vindeiras datas produciránse algunhas ocultacións de estrelas por obxetos trans-neptunianos (TNO) que poderían ser observables dende a península ibérica. Faremos un resumen das súas posibilidades de observación con instrumentos amateurs.

    17:30: descanso

    18:00: Os nomes das constelacións
    Salva Bará (USC), Martin Pawley (Agrupación Ío), Dosi Veiga (Ceos galegos)
    Non están, aínda en 2019, debidamente fixados os nomes das 88 constelacións en galego, e de feito nos dicionarios adoitan aparecer só algunhas. Neste traballo propoñemos unha listaxe posíbel de nomes e explicaremos as razóns das nosas escollas.

    18:30: Coloquio sobre Contaminación lumínica. (CL)
    Modera: Gonzalo González (Secretario do Clube de Astronomía Vega).

    19:30 (aprox) Despedida.

  • OUTUBRO ASTRONÓMICO

    Este outono está a ser moi fructífero en canto a actividades astronómicas se refire.

    Hai só uns días estábamos a celebrar  o aniversario do Observatorio de Forcarei  e o primeiro fin de semán de outubro poidemos desfrutar  da convocatoria anual de Astrotrevinca.

    Pero é só o comenzo, xa que o vindeiro fin de semana, coincidindo co festivo do día 12, celébrase en Castrelo de Miño a edición de Astrogalicia deste ano. O clube Vega somos patrocinadores deste evento e alí estaremos moitos de nós. Ademáis, se non tiveches ocasión de ver a nosa exposición 50 ANOS NA LÚA, poderás desfrutala alí, xa que xa está exposta no local donde se celebrará Astrogalicia.

    Por si fora pouco, o día 19 teremos a nosa reunión do clube, donde planificamos futuros eventos astronómicos e desfrutamos da conversa e da compañia mutua, e a finais de mes outro aniversario, esta vez os 20 anos da asociación astronómica Sirio de Pontevedra. Moitas felicidades aos nosos colegas!!

     

  • Día da ciencia na rúa 2019

    Foto de “Amigos de la casa de las ciencias”

    O próximo 4 de Maio, sábado, celebrarase no parque de Sta Margarita da Coruña, o DÍA DA CIENCIA NA RÚA, tal como ven acontecendo ininterrumpidamente desde fai moitos anos.

    O Clube Vega non asistirá como clube, pero si os nosos colegas da AGRUPACIÓN ÍO, que estarán alí un ano máis divulgando astronomía e ensinándonos un monton de cousas.

    Se eres grande, pequeno, mediano, hobbit ou anano …da igual, mereces disfrutar de ese dia ca túa familia. Anímate!

     

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial