ACTIVIDADES,  EVENTOS

VII edición do workshop CMON

Un ano máis, retomamos a organización do que será o VII Workshop CMON, a celebrar, como é costume, no mes de decembro. Non haberá variacións con respecto ás anteriores convocatorias, non sendo que temos aínda máis ganas de pasalo ben e falar de Astronomía e Ciencia en xeral.

DESCARGAR PROGRAMA

Data: Sábado, 14 de decembro de 2019.
Lugar: edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada, con independencia de se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outros os seus descubrimentos.

Programación provisional.  DESCARGA AQUI A PROGRAMACIÓN DEFINITIVA
—————————-
10:45 Presentación do VII Workshop CMON.
11:00 a 12:30: presentacións varias.
12:30 a 13:00: descanso.
13:00 a 14:00: presentacións varias.
14:00 a 16:00: comida.
16:00 a 17:30: presentacións varias.
17:30 a 18:00: descanso.
18:00 a 20:00: presentacións varias.

Datas importantes:
——————–
6 de novembro: “call for papers”. Comezo do período para apuntarse (sí, é necesario apuntarse).
5 de decembro: data final do “call for papers”.
9 de decembro: publicación do programa definitivo.
10 de decembro: Data final para apuntarse.
14 de decembro: WORKSHOP CMON ¡vémonos en Santiago!

É indispensable apuntarse para poder estimar o número de participantes do workshop. A sala ten un aforo limitado que non se pode superar de ningunha maneira.

“Call for papers”.
Dende este momento facemos unha invitación a que presentedes os vosos traballos. O formato será en presentación oral de 20 minutos máis 10 minutos para preguntas e debate. Dispoñeremos dun proxector de presentacións con pantalla para que proxectedes o voso traballo.

A solicitude de presentación incluirá o título, o autor e un breve resumen (por favor, non máis dun par de liñas) e enviaráse por correo electrónico á dirección de contacto ata a data final do “call for papers”, cando se elaborará o programa definitivo coas presentacións recibidas. De producirse sobrepetición de presentacións a organización resérvase o dereito de seleccionar aquelas que considere máis interesantes pola súa novidade ou interése.

Comida.
Pódese comer no Restaurante Monte da Condesa, no mesmo edificio do Campus Sur. Dispoñen dun “menú autoservicio” que é o que usan habitualmente os estudantes da USC, de 2 pratos e postre (5,70 euros) ou un prato e postre (medio menú, 4,70 euros) e de diversos pratos á carta. Non é necesario reservar con antelación.

O correo electrónico de contacto será:

rimarzoa (en) yahoo (punto) es

Tamén podes preguntar as túas dúbidas no formulario de contacto desta web.

Un saúdo e vémonos o día 14.

 

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para a súa comodidadeo. Más info

acepto
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial